29.4.10

EXPOSICIÓN "Dez anos de BNDL"

Este martes, 4 de maio, terá lugar na biblioteca, á hora do recreo, a presentación "Dez anos do BNDL" organizada polo ENDL do IES Viós. Esta é unha das moitas actividades que o ENDL, coa axuda dos alumnos de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras, teñen preparadas para esta semana e coas que a biblioteca tamén colabora de moi boa gana. Animámosvos a participar e esperámosvos o martes (coma todos os días) na biblioteca, para coñecermos como foi cambiando e medrando esa revistiña que naceu connosco hai xa dez anos e que serviu de canle de opinións, difusión, reflexión e reivindicación lingüística.


PARABÉNS TERESA, traballaches forte e ben.


No hay comentarios:

Publicar un comentario