10.1.11

A banda sen futuro de MARILAR ALEXANDRE

Esta historia está baseada nun diario que escribiu unha adolescente chamada Carlota, no que conta como foi a súa vida nuns meses que o pasou mal, a causa dunha grave enfermidade que lle fixo caer o pelo e que tivo que facer un longo tratamento. Tamén a morte de Poch, un dos seus cantantes favoritos da banda Derribos Arias. Este, ten una canción coa que Carlota se sentiu moi identificada “A Banda Sen Futuro”.
A rapaza decide colgar unha fotografía de Poch na súa nova habitación, xa que se tiveron que mudar da antiga casa polo traballo de seu pai.
Carlota ten que comezar as clases nun instituto novo, ela non quere por medo que se metan con ella, por ter que levar un gorro ou un pano na cabeza e lle fagan preguntas, comenta con seus pais se podería estudar na casa pero o mestre di que non pode perder un trimestre quedando na casa xa que só lle quedan dous anos de bacharelato. Ao chegar ao instituto Carlota pásao moi mal xa que os rapaces se meten con ela e non ten amigos, pero as cousas cambian a partir dun problema coa profesora de debuxo e unha obra de teatro na que Carlota participa feliz, así consegue facer amigos entre eles Paulina (unha rapaza coa que se leva moi ben e vai ao cine ). Un día un rapaz, Miguel, deféndea nunha das clases dun insulto e ela empézase a fixar nel; ela ilusionouse ata que un día se entera pola súa nai de que Paulina estaba saíndo con Miguel, entón a Carlota véñenlle as paredes enriba e ponse moi triste.
Tamén se entera de que súa avoa está moi enferma, e Carlota decide tratala moi ben durante o tempo que lle quede de vida.
Pero pronto a súa vida cambia ao coñecer a Moncho, un rapaz co que lle gusta falar do futuro. Un día Moncho decláraselle e ela decide saír con el. Non moito despois dinlle que o tratamento rematou e que xa vai poder deixar o pelo longo, despois de todo o que lle pasou agora xa ten amigos e xa se considera unha máis do grupo.
Este libro gustoume moito porque Carlota séntese identificada cunha canción e iso tamén lle pasa a moita xente; é un libro que está cheo de sorpresas e aínda que ao principio e un pouco triste despois as cousas cambian, neste libro nunca te esperas o que vai pasar. Sorprendeume moito que Moncho, que vén sendo o típico macarra, oa final quedara saíndo con Carlota, non mo esperaba para nada, quedei moi sorprendida, é un libro cheo de emocións e recoméndollo ás demais posibles lectoras.


AIDA AROA BARBEITO BESTILLEIRO 2ºA


Carlota é unha rapaza de 16 anos que ten un eccema na cabeza, isto fixo que cortase o pelo ao cero.Tivo que mudarse hai pouco a un lugar completamente diferente a onde vivía antes por culpa do traballo de seu pai. Coma toda rapaza de 16 anos ten que empezar un novo instituto no lugar onde está a vivir. Como todos sabemos non é doado facer amigos nun novo instituto con 16 anos e aínda menos estando calva...sénteste coma un cero á esquerda. Carlota non entende por que seus pais a obrigan a ir á clase, total por tres meses non perde nada...Só Poch,o cantante morto de Derribos Arias, é quen de comprendela e manter longas conversas con ela desde a súa foto, que ten pegada na parede do seu cuarto, aínda que non sempre lle dá a razón. Neses meses Carlota descubrirá o amor e o desamor por dous rapaces da súa clase, fará amizades novas que lle durarán toda a vida e intentará pillar o ceo cos pés.

A min este libro gustoume moito, a verdade e que está incluído nun dos meus preferidos. Cada pparágrafo obriga a ler o seguinte e cando te dás conta xa liches medio libro. Esta obra, a parte de que é moi bonita, é coma a vida misma e méteste no papel da protagonista, coma se vivises ti tamén o que lle pasa a ela: como te sentirías ti ao empezar un novo instituto sendo calva, como te enfrentarías ás burlas continuas dos teus compañeiros, etc. Tamén este libro creo que pode axudar a dar moita enerxía ás persoas que padecen cáncer ou calquera tipo de enfermidade que che fai sentir diferente aos demais, como lle pasaba á protagonista da historia ao principio,e ves como esas paranoias que se montaban na súa cabeza, de que ninguén a ía querer por estar calva, van desaparecendo. Carlota fai un montón de amigos e incluso se ve envolta nun romance entre dous compañeiros da súa clase. En xeral este libro é marabilloso para calquera idade, engancha moito e é coma se viviras outra vida moi diferente á que tes ti, porque te metes tanto na historia, coma se foses a protagonista ti.

MIRIAM MÉNDEZ LOUREDA 3º A


Carlota é unha rapaza de 16 anos. Vivía nunha bonita casa ao lado do porto, pero por cuestións de traballo do seu pai, múdanse a unha cidade nova onde intenta aprender que o máis importante é o interior das persoas e non o seu aspecto físico.
Despois de estar uns meses recibindo clases na súa antiga casa, a mudanza dálle unha sorpresa: a súa nai matricúlaa nun instituto. Pero hai algo que a Carlota non lle gusta. Hai un ano tivérona que operar dun cancro, o que fixo que as enfermeiras lle rapasen o pelo e tivera que levar un gorro. O peor pesadelo de Carlota foi atoparse cunha persoa verdadeiramente mala, Lidia, que era a típica rapaza popular, que se empezou a meter con Carlota inventando cousas dela.
Pero todo cambia ao empezar a gustarlle un rapaza chamado Toño, que a defenderá na clase, e así a vida no instituto será máis levadeira. Pero hai algo que Carlota non sabe…
A súa amiga, Paulina, era a moza de Toño. Carlota pasouno moi mal, pero desafogábase con Poch, o cantante morto de Derribos Arias, que seguía vivo na súa mente e no seu corazón, e dáballe consellos e axudabaa día tras día.
Cando para Carlota todo estaba acabado, Moncho, un bo rapaz que ía na súa clase, namorouse dela, facendo que olvidara a Toño e se namorara del, ensinándolle que o máis importante nunha persoa é o seu interior.

A banda sen futuro, foi un dos mellores libros que lín, é moi conmovedora a historia de Carlota, e fíxome reflexionar sobre a sorte que temos moitos rapaces de que non nos pase o que a ela, e que á xente enferma hai que apoiala en todo momento.
É un libro fácil de ler, porque a autora fai que se entenda perfectamente o que quere dicir.

DANI 1ºA

Carlota terá que ir a unha nova escola onde lle custará moito facer novos amigos.O gran problema é que ten unha gran enfermidade dexenerativa do sistema nervioso,e o tratamento entre outros é cortarlle o pelo cada 2 semanas.pouco apouco irá de ser a rariña da clase a un adolescente máis,con amores e desamores.

Gústame o libro, porque conta a vida dun adolescente con problemas polo que lle costa moito máis facer amigos. A causa disto tes ganas de saber que lle pasará ao día seguinte, se se portarán ben ou mal con ela.

ANDRÉS GARCÍA SOLANO 2ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario