Tareixa Louzao recibe un voluminoso sobre remitido polo seu irmán Xabier dende un descoñecido lugar para el chamado Doroña (Vilamaior). No seu interior inclúense unha carta e outro sobre máis pequeno. Na carta, Xabier indícalle á súa irmá que non abra o sobre e que, se antes dunha semana non volve recibir outra carta súa, llo entregue ao Inspector Soutullo da Comisaría de Vigo.Pero Tareixa non pode resistir a tentación e abre o sobre. No seu interior aparecen unhas cartas que lle foran remitidas a Xabier polo seu amigo o pintor Adrián Louzao, e que el tardara tempo en recibir por culpa dunha prolongada estanza en Quebec. Nestas cartas Adrián fala dos estraños sucesos que está a vivir relacionados coa súa nova casa, e pídelle axuda ao seu amigo.
O libro Cartas de Inverno é un libro que, en xeral, me gustou, pois invita ao lector a seguir lendo xa que ten moito misterio e non se sabe que é o que acontece realmente ata chegar ó final, e aínda así, no final quedará esa intriga de saber de onde procede esa atracción de forzas do mal que arrastran a Xabier e a Hadrián ó mundo de ultratumba, é dicir, ó mundo dos mortos. Por iso, recomendo este libro aos lectores aos que lles guste ler libros de suspense e misterio.
Inés Rodríguez Cañás, 3ºB

No hay comentarios:
Publicar un comentario