7.6.11

Peche do Club de lectura


O venres día 3 fixemos a despedida deste curso de lecturas e reunións cun, como é tradición, rico chocolate con churros.
Se facemos balance do que foi o Club ao longo do curso temos que mostrar unha gran satisfacción:

  • Somos moitos, non tantos coma cando comezamos (59) porque algúns, non demasiados, foron quedando polo camiño. Os fieis, que seguiron connosco ata o final, foron uns bos lectores e bos contertulios.
  • Entre os Viós-bardos, como non podía ser doutro xeito, hai un pouco de todo: grandes lectores (fundamentalmente lectoras, todo hai que dicilo) e outros aos que a aventura dos libros non os chamaba tanto; aínda así, temos que felicitarvos porque dun xeito bastante regular fostes asistindo ás reunións cos vosos comentarios preparados.
  • Felicitar, especialmente aos Viós- bardos de 1º porque ao longo do curso a vosa capacidade crítica foi mellorando moito. Algúns de vós apenas abriades a boca nas primeiras sesións e agora xa non tiñades ningún reparo en mostrar ante os demais as vosas opinións.
Grazas por todo, Viós-bardos, estar convosco nos recreos, escoitarvos e facervos partícipes das nosas impresións foi un auténtico pracer .

17 comentarios:

  1. Estou no Club de lectura porque sempre me gustou ler e agora tamén teño a oportunidade de comentar o libro, louvalo ou "poñelo podre", como sucedeu nunha ocasión. Non vou negar que me encanta a comida . Penso continuar no Club, os libros son fantásticos e as profesoras tamén.

    ResponderEliminar
  2. Lucía Gándara 3ºB8 de junio de 2011, 12:16

    Estar no Club de lectura axúdame a comprender mellor os libros, temos a opción de expresar a nosda opinión e axúdanos a expresarnos mellor. Cda ano lévannos un día fóra do instituto a bibliotecas, libr45arías... Gústame moito elixir os libros para a biblioteca, aínda que non me gusta que ás veces o libro que nós escollemos ás profesoras non lles parez adecuado.

    ResponderEliminar
  3. Ainhoa Suárez 3ºB8 de junio de 2011, 12:23

    Estar no Club de lectura permíteme expresar a miña opinión sobre as lecturas e ao mesmo tempo escoitar a dos demais. Enriquece o meu vocabulario e a miña expresión, pois teño que falar en público. As actividades que propoñen son moi divertidas e as lecturas moi variadas.

    ResponderEliminar
  4. No club de lectura descubro libro que me gustan, leo máis e así melloro a miña expresión. Son amenas as reunións, debatendo sobre os libros.

    ResponderEliminar
  5. Brais Blanco 3ºB8 de junio de 2011, 12:27

    Estar no Club de lectura proporcióname libros para ler e deste xeito aproveito a hora de ler da clase para ler bos libros. Tamén me gustan as reunións do Club porque todos aportamos a nosa opinión sobre o libro e participamos, ás veces, na elección do seguinte libro. As reunións son moi amenas e ás veces van acompañadas de larpeiradas; pódese ir a reunión sen ter rematado o libro. As profesoras traballan moito para que todo saia o mellor posible: mercan os doces, len os libros de todos os grupos, organizan saídas a librarías para repoñer os libros da biblioteca...

    ResponderEliminar
  6. Cristina Barreiro 2ºA8 de junio de 2011, 12:31

    Desde sempre gustoume moito a lectura. Ao chegar ao instituto propuxéronme a idea de pertencer ao Club de lectura. Asustoume pensar que tiña que ler libros por obrigación e ademais eu quería tempo para os meus libros.
    Este ano decidín apuntarme ao Club. estou moi contenta: déixannos escoller os libros, comentámolos, podemos deixar de lelos se non nos gustan... ás veces ofrécennos comida. Os recreos así son moi amenos e diveridos. Para o ano que vén repito-

    ResponderEliminar
  7. Me uní al club de lectura porque me parece interesante y además me gustan bastante los libros.

    ResponderEliminar
  8. Noelia Vicente 1ºA8 de junio de 2011, 12:34

    Cando me dixeron que na biblioteca había un club de lectura, quíxenme apuntar. A min gústame ler e no club facemos reunións nas que escollemos os libros e despois os comentamos. Aínda que se perde un recreo, vale a pena.

    ResponderEliminar
  9. Eu estou no club de lectura porque me parece interesante o que facemos nel. Gústame ler libros que non sexan obrigatorios. Despois facemos reunións nas que comentamos os libros e isto axúdanos a comprendelo mellor.

    ResponderEliminar
  10. Carlos Brandariz 3ºB8 de junio de 2011, 12:39

    Gústame o tempo que paso comentando os libros cos amigos e coas profesoras. Tamén me gusta a excursión que fixemos a Santiafo para mercar libros e visitar as bibliotecas.
    O club de lectura non só nos amosa libros para ler, senón que nos ensina e nos axuda a ampliar a nosa cultura.

    ResponderEliminar
  11. José Corral 3ºB8 de junio de 2011, 12:40

    Co club de lectura leo máis e así melloro a expresión. Divertímonos falando dos libros lidos e compartindo as nosdas opinións.

    ResponderEliminar
  12. Ángel Vicos 3ºB8 de junio de 2011, 12:41

    Estar no club de lectura serviume para mellorar a miña expresión e tamén porque cos libros que nos propuxeron collinlle gusto á lectura.

    ResponderEliminar
  13. Fátima Vidal 3ºA8 de junio de 2011, 12:45

    Gústame o club de lectura do IES Viós porque nos reunimos, fannnos participar e colaborar e non nos obrigan a ler os libros, e isto fai que che apeteza lelos, ao non sentíreste obrigado. O club fai que ler se convirta en algo divertido e non en algo agobiante ou pesado. Nas reunión dáste conta de que non todos temos as mesmas ideas sobre o libro. Sempre escollen libros que nos interean para que as lecturas non sexan aburridas.

    ResponderEliminar
  14. Estar no Club de lectura resulta interesante: lemos libros moi bos e coméntámolos con Carme, Ana e ás veces tamén Teresa. É divertido e teño pensado continuar nel. (as excursións tamén son moi divertidas)

    ResponderEliminar
  15. Gústame estar no Club de lectura e que cada certo tempo nos reunamos na biblioteca, pero, sobre todo, a comida que nos poñen.

    ResponderEliminar
  16. Inés Rodríguez, 3ºB8 de junio de 2011, 14:14

    Ao estar no Club de lectura comparto cos demais compañeiros a miña opinión sobre cada libro que nos propoñen para ler, pero tamén escoito as valoracións dos outros. É unha forma de ler máis libros e enriquecer o meu vocabulario. É un xeito bo de axudar aos alumnos na comprensión lectora.

    ResponderEliminar
  17. Patricia Loureda 3ºA8 de junio de 2011, 14:16

    Gústame ler e o club de lectura é unha boa escusa para ler cada día. É importante a compañía das profesoras que nos axudan a ver no interior dos libros que nunca antes imaxinamos.

    ResponderEliminar