20.1.10

REUNIÓN CLUB DE LECTURA

Hoxe as lectoras e lectores do noso club de lectura xuntámonos no recreo para decidir as nosas seguintes lecturas. Esta vez eliximos unha autora, Marilar Aleixandre, pois cabe a remota posibilidade de que veña falar connosco dos seus libros, e escollemos dous títulos, coma sempre, segundo as preferencias dos lectores: un libro de adolescencia, que nos recomendaron algunhas lectoras de segundo que xa o tiñan lido, e outro máis de aventuras, que nos tivo moi boa pinta.
Lectoras e lectores, vémonos pronto para falar dos libros. Estade atentos ás convocatorias.

1 comentario:

  1. A min o libro de "A banda sen futuro" gustoume moito porque a protagonista é da nosa idade e podemonos identificar con ela moi facilmente!!!

    ResponderEliminar