26.11.10

Vios-bardos 2 e Invisible, de Proyecto Amanda




O xoves tivemos a última reunión do Club de lectura desta 1ª tanda. Esta vez reunímonos os Vios-bardos de 2º curso para charlar do libro Invisible, de Proyecto Amanda.
Deu moito para falar, pois é un libro que trata moitos temas: a adolescencia, a amizade, as apariencias, as relacións familiares... Do libro gustou fundamentalmente a caracterización dos personaxes e a súa evolución ao longo da trama. Desagradou que non se resolvese ningún dos conflitos plantexados e tamén o argumento un pouco "fantasma".

Para os entusiastas do libro queda aberta a porta para continuar cos seguintes da serie de oito anunciados e tamén a posibilidade de participar a través da páxina proyectoamanda.com.

(Ben, case todos se deran de alta na páxina e tiñan xa un tótem asignado).

No hay comentarios:

Publicar un comentario