Este libro trata sobre 4 nenos alcumados os Megatoxos. Os seus nomes son Faísca, Ruxe, Ninga e Lúa, e 2 xemelgos chamados Exeria e Ezbel,que lles fan a vida imposible aos nosos personaxes principais. Todos perseguen un Toxo máxico, que lles picou e deulles poderes. Os Megatoxos fano para desfacerse dos poderes. Nunha viaxe de estudos aos Pirineos, no medio dunha competición de esquí, Ninfa nota a presenza do Toxo e vai no busca del. Detrás dela vai Ezbel. Cando o encontra, Ezbel dille que llo dea, pero esta non accede. Entón Ninfa toca o Toxo e os xemelgos e os Megatoxos viaxan atrás no tempo.
Os Megatoxos aterrizan nunha vila preto de Vigo. Alí coñecen a Sra Flavia, que traballaba para os templarios da luz, e díxolles a maneira de voltar ao futuro. Para iso teñen que viaxar a París, que se encontra en plena revolución industrial, nun submarino. Cando chegaron montaron nunha máquina do tempo pero non funciona porque non teñen enerxía suficiente como. Para conseguir que funcione teñen que roubar un anaco do toxo que posúen os Templarios da Luz. Os Megatoxos infíltranse na súa sede, e conseguen roubar o anaco de toxo. Pero tiveron que loitar contra un monstro que comeu a Ninfa, e ao comela, como tiña a enerxía do toxo, o monstro converteuse nun diaño, o cal derrotaron Faísca e Ezbel utilizando a enerxía do anaco do toxo. E Ruxe, que se convertera nun anxo, devolveulle a vida a Ninfa. E voltaron ao futuro cos xemelgos para ter suficiente enerxía, e que funcionara a máquina.

A min encantoume este relato, pola súa acción e a intriga ao longo da narración. Enganchoume moitísimo porque cada día que lía acontecía unha cousa, e tiña que seguir lendo. Un aspecto que tamén me gustou foi que son rapaces máis ou menos da miña idade. Dos personaxes o o meu preferido é Faísca, polo seu carácter e, sobre todo, porque posúe o poder que a min máis me gusta: o de facer lume.O que menos me gustou do libro foi que Faísca non lle declarou a Ninfa o seu amor.
MARCOS MOSQUERA MIRANDA 2ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario