10.2.11

O correo do amor




É febreiro, xa arrecende a primavera, a flores, a sol, a amor... porque este é o mes do amor e na biblioteca tamén queremos celebralo: imos inundar o instituto de mensaxes de amor, colgadas na biblioteca, nas portas dos baños, nas paredes... por todas partes.
E na biblioteca imos colocar unha caixa de correos: queres declararlle o teu amor a el, a ela, ao teu mellor amigo ou amiga, a esa persoa á que tes un aprezo especial, pero nunca llo dis...? Nós recollemos as túas mensaxes en forma de corazón e a partir do 14 de febreiro repartímolas.
Queres saber quen te quere?



VEN Á BIBLIOTECA.


HAI UNHA MENSAXE PARA TI!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario