28.3.11

Sobrevives de Fina Casalderrey

¿Sobrevives? Autora: Fina Casalderrey
Editorial: Xerais Col. Fora de xogo.

No libro cóntase a historia de Moni, un rapáz que sempre está metido en problemas polo seu comportamento agresivo e a súa mala conduta. Adopta esta actitude sobre todo desde o falecemento da súa nai a causa dunha enfermidade. Pero esta actitude vai cambiando despois de ler o diario da súa irmá: entérase de que o seu tío Cali está metido nas drogas e que este problema está acabando con el. Decide visitalo para ver ata que punto está afectado e cando o viu preferiu non telo visto. Desde entón a súa conduta cambia radicalmente, pois non quere rematar coma o seu tío Cali.

Este libro gustoume, pareceume interesante, pois relata a vida dun rapaz con problemas e hoxe en día danse moitos casos coma o de Moni,deixando aparte os estudos e centrándose no que lle interesa (os cans de caza e máis tarde na saúde do seu tío Cali) Vemos unha realidade de hoxe en día. Paréceme que este libro nos pode facer pensar e reflexionar sobre todo co tema das drogas, pois no caso de Cali podemos ver como estas substancias, aparte de acabar coa persoa e facerlle perder moitas cousas, afectan tamen á familia e a seres queridos. Tamén nos fai saber, que alguén problemático, agresivo e con mala conduta pode chegar a cambiar, polo que nos dá unha lección: a de mellorar a nivel persoal e social.

Jéssica Orgueira Couto 4º

No hay comentarios:

Publicar un comentario