9.11.11

FEBRE, de Héctor Carré

UN AVISO!! Xa temos na biblioteca a nova novela do noso conveciño Héctor Carré, Febre, unha novela que vén moi ben avalada polo Premio Fundación Nova Caixa Galicia- Claudio San Martín de Literatura Xuvenil e publicada por Xerais o pasado mes de outubro.

Ambientada nos inicios dos anos corenta, naquel tempo no que se desataba en Galicia a febre do wolframio - como se fose a febre do ouro- entrelaza a violencia e a represión propias da posguerra coa esperanza, o amor e a loita pola liberdade de Carmucha, unha moza de dezaseis anos, que se enfronta a todo isto coma a heroina dun "western moderno". Pasa pola biblio, anímate a lelo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario