11.6.12

V XORNADA DOS CLUB DE LECTURA


O pasado sábado, 9 de xuño, asistimos á V Xornada de Clubs de lectura, celebrada no Palacio de Congresos de Santiago.  Foi unha intensa xornada que aproveitamos para compartir experiencias entre os moitos clubs de lectura, que agora mesmo funcionan nos centros de ensino de toda Galicia. Este ano, por primeira vez, estaban convidados alumnos e pais e nais dos clubs de adultos. Gustounos oílos na mesa; contáronnos as súas vivencias, como  as reunións para falar dun libro lido por todos "alimentan neles o corpo e o espírito".
Recollemos tamén ideas para  a dinamización das lecturas, títulos que apetece ler, roteiros literarios que nos gustaría  "patear"... Só queda esperar que todos os viós-bardos sigamos comprometidos co club como ata agora. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario