3.2.10

Tempos de Paz

Nas Xornadas organizadas pola biblioteca TEMPOS DE PAZ non podemos esquecernos do sufrimento dun pobo, causado nun principio pola desgraza natural, pero que está deixando detrás un regueiro de miseria humana con tráfico de alimentos, roubos de nenos, etc
Reclamamos PAZ tamén para o pobo haitiano, para que os deixen sobrevivir, organizarse, e que a axuda sexa realmente axuda, non roubo.




Os alumnos de 2º ESO tomaron prestados uns versos de Celso Emilio Ferreiro e con eles queren demostrar o seu apoio e afecto por un pobo dolorido. O xoves día 4 de febreiro, na biblioteca, lerán os seus poemas de xeito colectivo, mentres se expoñen imaxes do antes e despois deste pobo que cometeu o grave erro de vivir nun lugar equivocado e de ser excesivamente pobre.



Hei de chorar sen bágoas duro pranto
polos que pecharon os ollos para non volver a abrilos,
polo espíritu vencido polo medo, baixo a noite,
a esperanza e as forzas soterradas por cascallos.

Desafortunada faia en movemento!
Triste creadora dun pánico tan duradeiro!
Maldita fame axexando nas rúas!
Cega escuridade que cobre toda ilusión!
Pútrido vento sementando enfermidades!
Traxedia que enche o aire de impotencia,
de morte,
de pena,
de bágoas,
de desolación.

E pois cada tempo ten o seu tempo,
este é o tempo de chorar.


Alumnos de 2ºA



Digo terremoto de magnitude 7
a penas digo nada.

Digo máis de 200.000 mortos e prantos
de vítimas se fogares.

Digo cadáveres espallados,
millares de lisiados, amputados,
fedor de mortos e fame.

Morte, sangue, traxedia,
casas derruídas, vertedoiros,
devastación sen fin...

Digo cemiterios acugulados,
tremor de terra, lume, cascallo,
estoupido, penuria,
e mortandade en masa.

Digo axuda humanitaria.
A penas digo nada,
digo Axencia Estadounidense para o Desenvolvemento Internacional,
tropas da ONU.

Digo desorde, epidemias,
medicamentos insuficientes, ONG,
barriñas enerxéticas, caldeiros,
campos de refuxiados, caos, ineficacia.

Digo corpos inchados en descomposición,
violencia,
bandas, disturbios,
problemas, pillaxes, desesperación, matanzas,
roubos, saqueos, anarquía.

Digo devastación que HAI en TI
HAITÍ

A penas digo nada
Digo HAITÍ e xa está todo dito
cuha soa palabra.

Para abranguer a catátrofe do mundo
digo HAITÍ e basta.



Alumnos de 2ºB

Estamos seguros de que Celso Emilio nos chiscaría o ollo de complicidade ao ver o bo uso que os nosos alumnos e alumnas fixeron dos seus versos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario