4.2.10

1º DA ESO FALA DE OS MEGATOXOS


Os alumnos de 1º curso acaban de ler Os Megatoxos e o aprendiz de druída de Anxo Fariña. Deixámoslles aquí este espazo para que poidan compartir connosco as súas impresións sobre o libro.
Ademais, terán a sorte de comentar co autor, Anxo Fariña, todos aqulees aspectos que lles apeteza, pois contamos con el na biblioteca o 15 de abril.
Por certo, amigos de Megatoxos, sabiades que hai un blog dos Megatoxos que podedes consultar e tamén participar nel? Se vos interesa clicade aquí.

27 comentarios:

  1. Pareceume bastante ben, non era malo o libro e os seus personaxes seique cambiaron no libro novo e gustaríame lelo.

    ResponderEliminar
  2. O libro pareceume ben polos personaxes e a historia,aunque fora corta e esperaría ler os seguintes capítulos e coñecer ao escritor.Tamén me enterei que dos novos personaxes cambiaron de aspecto no seguinte libro e lerei o libro cando saia na biblioteca.Tamén esperarei novos enemigos dos superheroes

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito o libro , estaba moi interesante e era moi entretido. O personaxe que máis me gustou foi Faísca porque era moi divertido e porque o seu poder era o mellor de todos.

    ResponderEliminar
  4. O libro era moi interesante e gustoume moito. O personaxe que máis me gustou foi Faísca xa que me gustou moito o seu poder. Este libro e adecuado para rapaces aos que lles gusten os libros de superheroes

    ResponderEliminar
  5. O libro pareceume normal,nin bo nin malo.Pareceume unha narración moi breve,aínda que interesante e enganchoume moito a narración.O personaxe que máis me gustou foi Faísca porque ten como poder facer lume e é moi valente.Pareceume un libro axeitado para os nenos que lles guste os libros fantásticos e aventureiros.

    ResponderEliminar
  6. OLA!!!!!
    O LIBRO DOS MEGATOXOS,
    PARECEUME NIN BO NIN MALO: REGULAR,PORQUE NON TIÑA MOITA INTRIGA.
    OS PERSONAXES:NINFA, FAISCA, RUXE E LUA TEÑEN
    SUPERPODERES:
    NINFA TIÑA O PODER DE COMUNICARSE COA NATUREZA.
    FAISCA TIÑA O PODER DO FOGO.
    RUXE TIÑA O PODER DE CONVERTERSE EN ANIMAIS.
    LUA TIÑA O PODER DE FACER FEITIZOS.
    CON TODO ESTO
    FIXOSE UN LIBRO AXEITADO PARA...

    OS RAPACES QUE LLES GUSTEN AS AVENTURAS.

    ResponderEliminar
  7. O libro non me gustou moito porque non me gusta moito ler e menos os libros de superheroes.Non llo recomendo a ninguén que non lle guste ler, nin os libros fantásticos.

    ResponderEliminar
  8. OLA!!!!!!!!
    A MIN O LIBRO DOS MEGATOXOS
    GUSTOUME ALGO, O QUE LLE FALTA,
    E UN POUCO DE TERROR.
    HUUUUUUUHHHHHHH
    RUXE, FAISCA, LUA E NINFA
    SON MOI DIFERENTES,
    PERO Ó FINAL SABEN TRABALLAR EN EQUIPO.
    RECOMENDOLLO AOS RAPACES E RAPAZAS
    QUE LLES GUSTEN...

    ... AS AVENTURAS E A FANTASIA.

    ResponderEliminar
  9. É moi interesante e gustoume bastante o punto de intriga e a forma na que os catro rapaces discurren o plan para acabar co antagonista.Recoméndollo á xente que lle gustan os libros de intriga e o mundo dos superheroes.

    ResponderEliminar
  10. gustoume bastante, recoméndoo para todas as idades (que saiban ler jeje)
    gustoume que foran nenos os protafonistas e a intriga que manten a novela

    saudos

    ResponderEliminar
  11. Esta novela gustoume especialmente pola maneira que o escritor utilizou ao mezclar os tempos en presente, pasado e futuro . Tamen me pareceu interesante o nome da novela (megatoxos)é orixinal da a entender que e unha novela de constante entretemento e aventura total...gracias

    ResponderEliminar
  12. A novela gustoume moito.Os personaxes son nenos coma nós.Esta novela recomendaríalla a todos os nenos que lles guste ler.Eu non lle poño ningún defecto, aínda que a intriga que deixou o final non me gustou moito. Os superpoderes que tiñan gustáronme moito sobre todo o de Ruxe e o de Faísca. En difinitiva oa novela gustoume moitísimo e teño moitas ganas de ler a segunda entrega.

    ResponderEliminar
  13. gustoume moito o recoméndoo a toda a xente.
    O que mais me gustou foi a pelexa dos megatoxos contra drunxel



    saúdos

    ResponderEliminar
  14. Esta novela gustoume moito e recomendaríalla a calquera persoa de calquera idade.Non me gustou o final con esa intriga de Larafuzas e o señor M.P.Estou desexando ler a segunda parte que xa temos na biblioteca para saber que se traen entre mans eses dous.

    ResponderEliminar
  15. gustoume bastante o libro, especialmente a pelexa contra o antagonista.o que mais me gustou foi que os nenos foran superheroes galegos e que a planta fora un toxo

    ResponderEliminar
  16. Ola,a novela dos megatoxos gustoume moito,
    porque é moi entretida,tamén me gusta moito que poña adolescentes da miña idade porque deste xeito vivimos máis a historia.Oxalá existira xente que tivera superpoderes,non si?o mundo sería moito máis entretido!!

    ResponderEliminar
  17. A novela gustoume moito, recomendariallo a todos os rapaces que o lean. Gustoume moito cando loitaron contra Drunxel. O que menos me gustou foi o final,quedei moi intrigado.

    ResponderEliminar
  18. Ola!!
    O libro foi moi chulo, cando Ninfa lle fai a respiración artificial a Faísca é o mellor de todo o libro.
    Teño moitas ganas de ler o 2º libro.

    ResponderEliminar
  19. Cristina Barreiro3 de marzo de 2010, 16:39

    Ola!
    Gustoume o feito de que se valorara tanto a amizade entre os rapaces. Non podían vencer ao malo sen unir os seus poderes, é dicir, que non podían combatir sen estar todos xuntos. Encantariame ler o segundo libro desta colección.
    Bicos!

    ResponderEliminar
  20. Gustoume moito o libro, sobre todo cando comeza a aventura, coñecen a Gael e loitan contra Drunxel. A parte que me pareceu menos divertida, pero que tamén me gustou, foi cando a señorita Larafuzas lles explicaba todo no laboratorio. Recomendarei a novela porque sen ser moi longa, conta dun xeito extraordinario a aventura destes rapaces.

    ResponderEliminar
  21. OLA! ESTE LIBRO ENCANTOUNOS, POLO NOSO PUNTO DE VISTA PENSAMOS QUE É METADE ACCIÓN E METADE NOVELA.OS PERSONAXES TEÑEN UNS PODERES ASOMBROSOS.O NOSO PERSONAXE FAVORITO É FAISCA

    ResponderEliminar
  22. Pareceume moi entretido, e gustoume moito a forma de acabar este volume da saga, porque deíxate moi intrigada.Os personaxes parecenme moi ben pensados, porque fomentan a amizade
    e o compañeirismo.De entre as dúas nenas Ninfa foi a que máis me gustou pola sua forma de ser,polo seu forte carácter,o seu espíritu deportivo...Dos nenos...Ruxe foi o que máis me gustou,porque era natural e espontáneo,era un rápaz diferente,pero non por iso raro.
    Pareceme unha historia recomendable para os amantes dos superheroes.

    ResponderEliminar
  23. carlos e sara de 1ºB3 de marzo de 2010, 16:48

    Teresa,a profesora de lingua galega, mandounos que léramos o 1º libro da saga "OS MEGATOXOS".
    O personaxe que máis me gustou foi Faísca.
    A miña parte favorita foi cando loitaron contra Drunxel e Faísca botou lapas de lume.
    A que menos me gustou... Non hubo ningunha parte que non me gustara.

    ResponderEliminar
  24. Boas!
    Pareceme moi interesante e entretida esta novela. O modo no que comenza e remata é moi bo. Gustoume a parte na que coñeceron a Gael, e éste lles contou o que lle acontecera co diaño Drunxel, e que os rapaces sen coñecelo de nada axudaronlle a vencer ao diaño.
    Estou desexando ler o segundo libro. Pedireino na biblioteca.
    Un bico!

    ResponderEliminar
  25. ola!!
    "Os Megatoxos" pareceume un libro con moita ficción e á vez entretido.Gustoume a parte en que os rapaces loitan xuntos e acaban vencendo a drunxel.
    Recoméndolle o libro a toda a xente á que lle gusten as novelas de superheroes
    un bico. encantoume!!!

    ResponderEliminar
  26. Jonathan Quintela Ríos3 de marzo de 2010, 17:00

    O libro dos megatoxos penso eu que é moi interesante .
    A min a parte que máis me gustou foi cando Faisca lle puxo lume a porta para acabar con Druxel.

    Jonathan Quintela

    ResponderEliminar
  27. Ola!!!
    A historia foime moi entretida,sobre todo cando os rapaces derrotaron o diaño.
    O personaxe que máis me gustou foi Ruxe, porque me parece un rapaz que so se preocupa polo seu.A que máis me desilusionou foi Larafuzas porque era moi mandona e engreida. Recomendo este libro os que son amantes da lectura de acción.Desexo seguir lendo os seguintes libros.

    ResponderEliminar