14.1.11

Leonel de ANTÓN CORTIZAS

Este libro trata de dous rapaces chamados Miguel, que pasaba o verán na casa dos seus avó, e Ana que vivía alí cos seus avós, xa que os seus pais morreron cando ela era pequena. Eles empezaron a investigar sobre un home que viviu en Grandal , pobo no que trascorre a novela, e que deixou escritas unhas historias; este home chamábase Leonel. Miguel e Ana investigan para chegar a ler os relatos e saber o seu paradeiro actual. Tiñan todo o verán por diante, e mentres os dous rapaces se namoraban, encontraron o primeiro relato no cuarto de Miguel. A segunda historia atopárona coa axuda de Mercedes (unha señora maior) que lles dixo que atopara o nome dese home nun poste da mina; a terceira encontrárona nas tellas do hórreo de Duarte, o avó de Miguel. O rapaz, cando xa rematara o verán e tiña que volver a Ferrol, tivo un soño no que se encontraba con Leonel na cabana do Cimbro Vello, a do seu bisavó, e pareceulle que Leonel era Duarte.


Eu recomendo aos rapaces a ler este libro ,xa que é de adolescentes e cun pouco de intriga ,que incita a seguir lendo e saber máis. Para min o fragmento que máis me gustou da novela foi cando Miguel e Ana se namoraron e hai unha escena moi bonita na que Miguel, lentamente bica a Ana. Tamén hai fragmentos dos relatos de Leonel que ao mellor son un pouco aburridos.


LUCÍA GÁNDARA 3ºA

Esta obra conta a historia de Miguel, que despois de deixar tres asignaturas pendentes para setembro, é mandado polos seus pais a Grandal, a aldea na que viven os seus avós, para que viva alí todo o verán e se adique a estudar. Alí coñece a Ana, a neta duns amigos dos seus avós, e comezan a ser amigos. Despois de que o seu avó lle contase que o anterior propietario daquela casa era un pastor de ovellas chamado Leonel que marchara de súpeto un día sen dIcir nada a ninguén, Miguel atopa un texto escrito nun lugar oculto do seu escritorio. Entón, Miguel e Ana comezan a buscar máis información sobre ese tal Leonel, e mais historia escritas por el. Encontran dúas historias máis, que xuntas forman unha historia sobre o pasado, unha sobre o presente, e outra sobre o futuro, e parecen escritas á propósito, xa que dan a sensación de que están escritas para que eles dous se coñezan. Así, entre misterios e días de verán, os dous amigos rematan namorándose, e comezan a saír xuntos. Pero chega o día en que Miguel ten que voltar para a cidade, para á súa casa. A noite antes de marchar, Miguel ten un soño un pouco estraño, no que descobre que Leonel é, en realidade o seu avó Duarte. Coa resolución final do gran misterio de Leonel, e o recordo do verán do seu primeiro amor de verdade, Miguel colle o tren que o levará de volta para a cidade, non sen a promesa de voltar a Grandal o próximo Nadal.

Este libro pareceume moi interesante, o tipo de libro que te incita a lelo ata o final, xa que doutra maneira non podes descubrir a solución do misterio a redor do que xira a historia. Ademais, o autor consegue que non nos poidamos imaxinar este final ata telo lido, xa que mantén a intriga en todo momento.Gustoume tamén como mestura o que vai ocorrendo no verán e as historias do pasado que o seu avó lle conta a Miguel, historias sobre tempos peores, moi diferentes aos que agora vivimos.Tamén me gustou a forma do autor de falar sobre o amor, a forma de describilo; e a historia misma de amor que viven o protagonista, Miguel, e a súa amiga Ana, aínda que remate coa marcha de Miguel. Leonel é un libro moi interesante e intrigante, que persoalmente me gustou moito e reconmendaría a todos os que quixeran que o leran.


ANDREA MÉNDEZ CORES 3ºB




No hay comentarios:

Publicar un comentario