14.1.11

Os escaravellos voan á tardiña de MARÍA GRIPE

A historia comeza cando lle regalan a Xonás Berglund un magnetófono polo seu aniversario. Logo, xunto á súa irmá maior, Annika, e cun amigo común, David Stenfäldt, veranse envoltos por misterios e aventuras a causa da Casa de Selander, que incluso chegarán a facer que o país enteiro saiba da existencia da estatua exipcia.


Cheo de intriga, aventura e moita emocion, así é como eu o describo. Este libro lévache a unha viaxe de hai tempo, onde dúas persoas, Emile e Andreas, se ven envoltos nunha historia de amor, mentiras, enganos, e a maldicion da estatua que Andreas trouxo a un pobo pequeniño. O final non me gustou nada, pois non dicía nada en concreto da estatua, quedei coa intriga.



ALEJANDRA MUÑOZ PINZÓN 3ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario