14.1.11

Flánagan de Luxe de ANDREU MARTÍ e JAUME RIVERA

Flanagan é un rapaz afeccionado á investigación privada. Nesta ocasión Nines, unha rapaza rica e fermosa, chama a Flanagan pedíndolle axuda para o seu amigo Erreá. Erreá di que uns camellos o perseguen para matalo, porque perdeu unha bolsa de droga que lle encargaran. Flanagan escóndeo na casa de María Gual. Os narcotraficantes apareceron e eles marcharon á casa dos pais de Erreá, en Sant Pau del Port. Alí a Flanagan gástanlle unha broma terrible, pero non se decatou ata que vacilou inconscientemente aos gardas civís. Pero ao final Flanagan víngase, como os mellores detectives.

É un libro moi interesante, no que non falta nin acción nin intriga. Esta novela policíaca que invita a entrar nun mundo no que o lector pode verse identificado e pasar un rato moi entretido lendo o libro e aos dous segundos xa vas querer ler o seguinte libro da saga de Flanagan. Este libro invita a pensar nas amizades. E eu recomendaríao para todas as idades.



CARLOS BRANDARIZ 3ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario