14.1.11

Ollos de auga de DOMINGO VILLAR

O libro Ollos de a é unha novela policíaca. Trata sobre a extraña morte dun home homosexual, investigada polo inspector Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estévez. Xuntos traballan para conseguir descubrir quen é o asasino de Lois Reigosa, o saxofonista falecido. Un dos sospeitosos é o doutor Zuriaga, e outro é o disc-jockey ou pinchadiscos dun bar de ambiente que frecuentaba a vítima. Despois de moito investigar, o crime é resolto e a asasina real resulta ser a muller de Dimas Zuriaga, o doutor, compinchada con outras persoas. Pero non é só a causante dunha morte, pois tamén asasina ao pinchadiscos do bar de ambiente, chamado Orestes Rial. A morte de Reigosa prodúcese porque Mercedes, a esposa de Zuriaga, descobre que o seu marido lle é infiel cun home, Lois Reigosa, e que é homosexual.
O libro é moi intrigante, e o que resulta ser o final non é o esperado. Persoalmente, o libro gustoume moito, non me pareceu excesivamente longo, e cando les unha páxina quédaste con ganas de ler a seguinte para saber como se resolve a historia. O que me parece moi interesante deste libro é que no comezo de tódolos capítulos aparece a definición dunha palabra que aparece nese fragmento, e aínda que as definicións non se aprendan de memoria, algunhas palabras está ben telas definidas porque mellora a comprensión da lectura. Recomendo ler este libro a quen lle guste a intriga, e lea porque lle gusta, non por ler algo.

CARLA MARÍA BREA CARRO 2ºA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario