29.12.10

Aire negro de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Esta historia trata dunha rapaza que deixa Madrid para ir a un pobo de Lugo para escapar dos temores dopasado.

Alí comeza a ter problemas con asasinato e actos violentos dun descoñecido. A protagonista comeza a volverse tola e cada vez que volvía a aquel pobo de Lugo comezaban as desgrazas.

Un tempo despois ela atópase en Vigo onde non é capaz de falar co medo que pasou. Cando comeza a mellorar reaparece ese ser e o medo transfórmase na Gran Besta que a leva.

Gustoume moito este libro porque ten intriga e misterio: seres sobrenaturais e accións misteriosas. A mellor parte da historia é cando a Besta a vai buscar a Vigo e acaba nas súas mans.


JONATHAN MESÍAS 4º ESO


O doutor Víctor Moldes comeza a traballar nunha clínica psiquiátrica chamada Beira Verde. O doutor trata coma primeira paciente a Laura Novo, unha rapaza que pasa as horas nunha cela escribindo o seu nome en folios. O doutor consegue, a través dunhas lecturas en voz alta,gañar a confianza da súa paciente e ao longo das semanas comezan unha boa amizade. Víctor suxúrelle que escriba as súas lembranzas,e así o fai. Grazas a isto descubrimos os recordos de Laura, dende a adolescencia ata o accidente: o raio que caera ao carón dela. O segredo está na cor roxa do seu cabelo, a que espertou A Gran Besta, deste modo Víctor e mais ela sofren graves consecuencias que os marcarán ao longo das súas vidas.

Encantoume o libro, dende a primeira liña enganchoume ata tal punto de informarme sobre a Gran Besta. A fantasía, os seres mitolóxicos, o medo e esa pizca de misterio fixo que este libro fora coma unha droga para min. Gustoume moito o personaxe de Laura Novo e a súa relación con Carlos Varcárcel, a pesar da diferencia de idade. Agustín Fernandez Paz fala con tanto realismo que incita a replantearte se os monstros existen de verdade como de pequenos pensabamos ,e que na nosa terra , Galicia ,onde os nosos avós xa nos dicían dende hai tempo, que os seres mitolóxicos existen e se agochan nos balados e montes da nosa terra. Por outra banda o final decepcionoume algo, esperaba que Laura saíse de aí, o que no libro ocorre, pero non desa forma, esperaba que Carlos a viñese recoller despois de falar co doutor. Pero en todolos casos o libro encantoume, pareceume unha boa novela, distinta ás de sempre, unha, cunha personalidade propia.

AROA FACAL ROJO 2ºA

1 comentario:

  1. Eu aínda non o lin, pero déronme este para escoller este libro e parece que é moi interesante.

    ResponderEliminar