14.1.11

Os Megatoxos e a espada esmeralda de

Ano 1247, un encarapuchado estaba a fabricar unha maraBillosa espada esmeralda… Moitos anos despois… Ninfa, Faísca e Lúa agardaban impacIentes a Ruxe, que chegaba tarde ó adrestramento dos Megatoxos. Este chegou e comezaron o seu adrestramento. Algúns deles non sabían que posuían semellante cantidade de poder, e quedaron perplexos. Ao remataren o adrestramento foron a onda a profesora Larafuzas (a quen tamén lle afectara o toxo mutante). Metéronse nunha máquina do tempo e viaxaron ata o ano 1247, a un antigo mosteiro. Chegados ata este punto, un xigante de pedra recibiunos, malamente, pois intentaba matalos. Ninfa sacou un anaco de póla seca do seu peto, e creou unha enredadeira que deixou ao xigante inmóbil. Os rapaces nunca oíran falar deste mosteiro antes, nin tan sequera na clase de historia. Chegaron a unha sala, na que había centos de libros antigos escritos a man. Para pasar a seguinte porta deberían de encontrar un libro que encaixara na cerradura. O xigante soltouse e dirixiuse cara os rapaces, e Lúa fixo un conxuro que inundou por completo a estancia; Ruxe transformouse en quenlla e mergullouse para atopar dito libro. Atopouno a nadou o mais rápido posible para salvar os seuss amigos. Ao chegar á porta introduciu o libro e esta abriuse. Os MEGATOXOS saíron sans e salvos do suceso, e ó saír, atopáronse cun mozo chamado Ezbel. Todos subiron por unhas escaleiras e remataron no alto dunha torre con teito en forma de cúpula. Este mozo resultou ser un inimigo dos MEGATOXOS, co que a continuación, xunto coa súa irmá, librarían unha batalla pola espada esmeralda. Ninfa estaba ó borde do acantilado, Faísca estaba inconsciente, e Ruxe intentando salvalos a todos, pois Lúa non tiña enerxía para facer outro conxuro. Os irmáns malignos marcharon, e eles agora corrían grave perigo, pois todo estaba cuberto por lapas de lume. Nun último esforzo, Ninfa, sacou as últimas pólas secas do seu peto, e unha cúpula de madeira protexeunos do derrubamento do edificio… Ó saír foron á máquina do tempo e voltaron ó presente (no que só pasaran 15 minutos). Voltaron á clase con total normalidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario