14.1.11

Así nacen as baleas de ANXOS SUMAI

Unha universitaria volta á súa casa para volver recompoñer a súa relación coa nai.Alí recorda todo o ocorrido co seu irmán Ramón, un pequeno xigante cun déficit mental.A nai deles ( de Ramon e a rapaza) non os coidaba moito, xa que o pai marchara da casa por unha filla allea á relación, e a nai cae nunha depresión. A nai protexe moitisimo a Ramón e ve a nena como a un ser mais forte, non se interesa tanto por ela e déixaa de lado.Cando morre Ramón cambia todo, a nai xa non fala, está distante con todo o mundo e a nena bótao de menos, xa que era o único que se preocupaba por ela a e a quería facer sorrir sempre, (excepto a aia, que era como unha dobre nai para ela). Conta todo o que sente cando súa nai non lle fai caso. E conta unha fermosísima reconciliación.

O libro é un libro cunha calidade que me dificultou entender e captar todas as ideas esenciais, xa que para min é un libro dificil. Pero ao final tiven un resultado estupendo e encantoume, xa que te sentes como unha balea cando conta o sucedido con Ramón. Encantoume o sentimento co que a escritora narra e namoroume o final no que a nai se volve a interesar pola súa filla e lle pide que lle conte algo dela.



PATRICIA LOUREDA 3ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario