14.1.11

Morgún de SUSO DE TORO

Esta historia trata dunha loita que teñen Morgún un guerreiro máxico, home, muller e lobo, fillo da raíña do Castro de Baroña, e o Protexido polas Sombras, medio-irmán de Morgún, fillo de Welita, unha bruxa, e dun guerreiro, e irmán de Cara de Xenio. Morgún dicide loitar contra Corrub para destronalo e que así sexa Breogán, union de Morgún e Protexido polas Sombras, o que reine no Castro de Baroña. E Protexido polas Sombras decide loitar contra Corrub para cobrar a súa vinganza, pois matou ao seu irmán e mais ao seu pai. Ao final Morgún e Protexido polas Sombras conseguen matar a Corrub pero a costa das súas vida.


Este libro, pareceume moi interesante, pois mezcla temas como a maxia, a vinganza, o amor, os deuses, as armas, a guerra, a loita, etc..É un libro que non podes parar de ler, pois cada palabra, cada frase, están cheas de acción, suspense e intriga. É un libro que lle recomendo a todos os lectores.




ADRIÁN TORREIRO 3ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario