14.1.11

Sobrevives? de FINA CASALDERREY


Moni, o protagonista, é un rapaz ao que lle gusta chamar a atención. Por culpa da súa claustrofobia, unha noite, esperta e encontra o diario da súa irmá Marianxo, onde descobre á situación á que se está enfrontando ela soa, xunto coa súa avoa en Pontevedra. Moni é unha desas persoas ás que a intriga as mata, e decide pedirlle permiso ao seu pai para ir a xunto da súa irmá e comprobar o estado no que se encontra Cali, o seu tío drogadicto, ao que teñen que aguantar en Pontevedra. A súa vida está repleta de historias e anédoctas que lle aconteceron, ou que lle acontecen ao longo do relato. 



O libro está moi ben, podémonos identificar en certas cousas co protagonista, dado que é un adolescente coma nós. O único pero que lle encontro é o final, porque, para min, fai que a historia non teña sentido.


MARTA BOLAÑO 2º B

No hay comentarios:

Publicar un comentario