16.1.11

Asústate Merche! de FINA CASALDERREY

Este libro trata dunha rapaza chamada Áurea que é filla de solteira, vive coa súa nai e a súa avoa. Un día o cura do seu colexio proponlle unha excursión por toda Europa. Na excursión coñece a Paio e namórase perdidamente del, pero á volta descobre que o pai de Paio é o mesmo que o dela. Nese momento Áurea está a punto de suicidarse porque non pode entender como se puido namorar do seu propio irmán. Ata que un día Paio lle di que el é adoptado e entón Áurea arrepíntese de todo o que fixera anteriormente e viven felices.


Asústate Merche é un libro que te engancha só con empezar a lelo, porque comeza con intriga. É moi bonito e moi intrigante. A min gustoume moito. Neste libro vese como é realmente a vida, xa que Áurea ten que axudarlle á súa nai para poder ir de excursión, e aínda que é pobre leva os mesmos cartos que os demais por todo o sacrificio feito. Asústate Merche é unha obra que que comezas a lela estás desexando rematalo para saber que pasa ó final: se Áurea se suicida, se se casa,….. é realmente intrigante.



Fátima vidal vilar 3ºA Nº14

No hay comentarios:

Publicar un comentario