16.1.11

Mutacións xenéticas de FINA CASALDERREY

Un rapaz chamado Hadrián pasará as vacacións en Fisterra co seu avó paterno, Manuel. Ao principio móstrase frustrado coa idea, pero co paso dos días dáse conta de que o seu avó alberga un gran segredo, o cal lle axudará a acercarse máis a el e coñecelo de verdade, pois ata o momento nunca tivera a oportunidade. Mutacións xenéticas é unha historia que me intrigou dende o principio coas aventuras que vivían Hadrián e o seu avó. É un libro que está dirixido a un punto moi futurista no que nunca cheguei a pensar. Unha das partes que máis me gustou do libro foi polo final, porquedesvelar o inmenso aprecio que mostra o rapáz polo seu avó e tamén se fai o coñecemento de como sería un futuro próximo, e por suposto como é a vida de Hadrían na súa etapa adulta. O libro non me enganchou ao principio, xa que aínda non se desvelara o gran segredo de Manuel.


SARA UZAL 2ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario