AUTOR: Miguel Vázquez Freire.
TÍTULO: "Anxos en tempos de chuvia".
EDITORIAL: Xerais.
ANO DE EDICIÓN: 1º edición: Decembro, 1997. Nº DE EDICIÓN: 7º edición: (Abril, 2005).
RESUME: Unha rapaza de 18 anos chamada Anxos coñece no instituto a un rapaz chamado Nando.E establecen unha relación entre eles.Nando,tiña a fama de andar co rollo das drogas.Anxos a medida que se vai facendo amigo de Nando namorase del. Despois,Anxos,cando empeza a saÍr con el intenta pescudar se anda ou non metido na droga,como se dicia no seu instituto.Logo disto descobre que non anda metido nese rollo.Pouco tempo despois namorase do seu amigo Dani,que este non lle fai nin caso porque é un "Don Xuán".Anxos morre nun accidente de coche xunto con Nando,Dani e Xurxo.Moncho o irmán de Anxos(a protagonista),investiga a morte da súa irmá porque non cre a versión da policía sobre o accidente.Moncho atopa un diario gardado nun caixón na habitación de Anxos,que lle pertence a ela. E descobre que a súa irmá non era como a el lle parecía, pero agora faltáballe saber se Nando estaba metido na droga. Todo isto tamén lle axudou nas súas investigacións. Logo(cando tiña o diario lido a metade), foi á casa de Nando en busca da súa irmá, á que lle ía pedir axuda para acabar de resolver a investigación. Ao final a irmá de Nando e mais o irmán de Anxos acábanse namorando e descobren que o accidente non estaba relacionado con Nando dado a que el non estaba metido nas drogas. Grazas a Moncho e Sandra, os pais de Dani lograron superar a morte do seu fillo único e o pai de Dani é o que conta a história.
A min,persoalmente,gustoume moito a historia de Miguel Vázquez Freire. Polo sinxelo motivo de que me adentrei de todo na lectura, eu non era unha pesoa que me gustara ler pero a verdade é que este trimestre gustáronme moito os libros que lin (A miña planta de laranxa lima) e o de ANXOS EN TEMPO DE CHUVIA que elixin eu. Despois co tempo de lectura que estabamos facendo na clase,tiña outra escusa para coller novos libros na biblioteca e lelos. Estanme empezando a gustar,raramente,as historias de pena,non sentir pena só por xente coñecida. Hai que saber historias bonitas que ao final acaban pois...non ben de todo, porque ao fin e ao cabo non todo é de cor rosa. Hai cousas boas,e cousas malas e as historias non sempre acaban ben,e iso gústame porque é como a vida real. E a medida que vou lendo libros sei máis ou menos de que vai todo cando sexa maior e teña 18 anos,e xa non dependa dos meus pais para todo...Tamén aprendín deste libro que nun instituto nun traballo ou en calquera lado a xente é moi cotilla e gústalle ben inventar cousas das que despois se descobren que nin a metade son certas...E con isto tamén me poño no lugar do que é perder a unha irmá, porque eu pelexo moito coa miña ,e creo que todas as persoas en certo modo non apreciamos ben a sorte que temos ao poder ter irmá ou irmán, porque despois de todo son parte de ti, e parte dos teus pais...
Aida Mosquera Vázquez .
Miguel Vázquez Freire ademáis de ser un escritor boisimo, e un prefe xenial, :)
ResponderEliminar