Editorial: Alfaguara Obradoiro
Lugar e Ano de Publicación: Santiago de Compostela, ano 1996
Nº de Edición: Oitava Edición
Bala Perdida é o último pirata do Atlántico Norte, un capitán escrupuloso que anda acompañado dun corvo e un grupo de bravos mariñeiros. Para resolver unha misteriosa abordaxe na máxica Costa da Morte, Bala Perdida busca a axuda dunha moza xornalista que só dá noticias bonitas.
É un libro moi interesante, o misterio é unha das razóns polas que o propio libro conecta co lector. Ademais está moi ben redactado e tamén ilustrado. Recomendo que o lean as persoas ás que lle gusta o misterio
SERGIO S.F.
No hay comentarios:
Publicar un comentario