Este libro trata sobre o amor e a guerra. As dúas protagonistas chamadas Rosa e Harmonía ,duas irmás galegas que viaxan a Rusia ,para poder estar a salvo, os seus pais quedan en Galicia para seguir a loitar e para curar os enfermos , o pai loitando morreu e para que a nai non lle pasase o mesmo viaxa a Arxentina , máis lonxe das súas nenas e prometeuse que cando tivese cartos iría buscar as rapazas, pero iso nunca pasou. Pasaron os anos e Rosa xa era unha estrela do ballet e a nai casara co seu xefe e cando podía ía ver a Rosa, pero a Harmonía nunca a puido ir a ver polo traballo de León.
Todos tiñan fillos, ata Carmiña, e Harmonía xa tiña netos, pero por un cupreanos dela dixéronlle que toda a familia iría vivir á pequena aldea, ata Rosa que lle prometera á súa irmá que sempre estarían xuntas, e así foi.Toda esa familia o que aprendeu foi que con unha gerra veñen as tristezas.
O libro de Tristes armas pareceume un libro interesante, no que podemos ver o grave que foi a
Guerra Civil e o dano que fixo a moitas familias que perderon os seus seres máis queridos. Pero non só fala diso, senón tamén do amor: do amor de irmá, do amor de nai, de parella, de fillos...
Pero tampouco me importaría ler 100 follas máis e que non resumise tanto, gustaríame saber a reacción das nenas cando se enteraron de que seu pai morrera e de que súa nai ía casar con outro home, e outras cousas polo estilo. Ao pricipio pareceume aburrido, pero cando empezou a arreglarse todo a miña opinión cambiou: cando as nenas se afixeron na escola, tiñan amigos ...e ata Harmonía se namora dunha persoa á que case non coñecía e que foi coñecendo co paso do tempo. Cada protagonista é distinto e ten algo que non che deixa parar de ler e refléxaste coa forma de ser de cada un ou gustaríache ser coma algún. A min gustaríame ser como Rosa, que é unha nena moi espabilada, lista, feliz e alegre e sempre saca un sorriso á persoa máis triste do mundo.
MARTA FERNÁNDEZ 2ºA
Dúas nenas viaxan a Rusia, cando a Guerra Civil estala en España. Alí pasan a súa vida crecendo pouco a pouco, desexando algún día reencontrarse cos seus pais. A vida alí non é fácil, mais as dúas rapazas saen adiante co único apoio a unha da outra. A nai por outra banda, terá que retomar noutro continente a súa vida, tras o falecemento do seu home no fronte e a vitoria do bando nacional.
TRISTES ARMAS
pareceume cando menos entretido e real: plasma dunha forma sinxela, pero verdadeira, o sufrimento dunha guerra, as vidas que se perden de xente que nin sequera tiña algo que ver con aquilo. Pero tamén que debemos loitar polo que cremos, e que as armas non son o mellor medio, que o mundo está cheo de maldade, pero tamén de bondade, de xente que, aínda que son a minoría, darían a vida por axudar sen reparo para ver felices aos demais.
Pero unha guerra, exactamente esa guerra, a Guerra Civil española, o bando nacional e o comunista, se unha persoa que non entra en política, que non lle interesa, lle plantexan as cousas polas que cada un dos bandos loitan cal elixirían para loitar, o bando nacional, quería un ditador, loitaron por el, por que unha persoa se considerase superior a eles e lles mandase a todos, tendo criterio para repartir vida e morte; e o bando comunista loitaba pola democracia, porque o pobo puidera elixir a persoa que quixeran para gobernar, polo respecto, porque que é a democracia? respecto ao fin e ao cabo. Ti podes ter a idea política que queiras, que ninguén decidirá o día da túa morte por iso, nin verás durante 30 ou máis anos as mesmas catro paredes, e pola liberdade. Se eu fose una persoa apolítica e vivira esa guerra, unha vez plantexadas todas as razón que acabo de citar, elixiría o bando comunista, porque morrer imos morrer todos, e facelo pola liberdade, paréceme una bonita maneira de acabar os meus días. Porque este libro mostra como a liberdade de expresión é algo tan importante como o respirar.
SABELA PATIÑO 2ºA
Trata dunha rapaza e máis da sua irmá que están nun orfanato. Elas teñen que marchar para Rusia para poñerse a salvo, xa que España está na Guerra Civil,e o seu pai e mais a súa nai están na guerra: o pai loitando e a nai traballando como enfermeira.Elas comenzan unha nova vida lonxe de seus pais. O pai morre a causa da guerra e a nai nunca a volverían, ver excepto Rosa que como ía de xira mundial porque era unha gran bailarina, podía vela, pero Harmonía nunca a puido ver. A historia está nunha carta que nunca chegou ao seu destino: escribíranllela escribira Harmonía e Rosa para súa nai, pero a nai nunca a recibiu. Cando elas son xa maiores, rondan os 60 anos, o marido de Harmonía, León,regaloulle polo seu aniversario a sorpresa de que todos ían voltar a Galicia, a vivir os seus últimos días. Cando chegaron o carteiro da vila entregoulles unha carta: esa carta era a que escribiran as irmás dándolle explicacións á nai por que non foran a xunto dela para despedirse. Agora Harmonía cóntalles aos seus netos a Historia da carta.
A min gustoume moito este libro, aínda que sexa un pouco triste porque os pais nunca se volven ver coas fillas. Pareceume unha obra que reflexa moi ben a Guerra Civil, para que as persoas que non vivimos esas épocas poidamos saber como as familias de antano sufrían e o pasaban mal. Tamén me gustou moito a madurez que teñen ambas rapazas, que con tan curta idade sufriron tanto.
A min gustoume moito este libro, aínda que sexa un pouco triste porque os pais nunca se volven ver coas fillas. Pareceume unha obra que reflexa moi ben a Guerra Civil, para que as persoas que non vivimos esas épocas poidamos saber como as familias de antano sufrían e o pasaban mal. Tamén me gustou moito a madurez que teñen ambas rapazas, que con tan curta idade sufriron tanto.
RAQUEL CORTÉS LÓPEZ 3ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario