13.6.11

ANDREA MÉNDEZ CORES fala de Antes de morirme.


DATOS BIBLIOGRÁFICOS:

Autor: Jenny Downham
Editorial: Salamandra
Lugar e ano de publicación: Barcelona, 2009
Título: Antes de morirme
nº de edición: 1º

Tessa é unha rapaza de dezaseis anos á que hai catro anos lle diagnosticaron cancro. Entón, deixou os estudos para pasar todo o día metida na cama, sen facer nada por moito que o seu irmán ou o seu pai llo pidan. Vive con eles nunha casa, e súa nai vainos visitar de vez en cando, aínda que nunca acompaña a Tessa nos asuntos médicos. Un día, Tessa e maila súa amiga Zoey deciden facer unha lista. Unha lista na que Tessa escribe todas as cousas que quere facer antes de morrer, como ser famosa ou quebrantar a lei. Coa axuda de Zoey e do seu veciño Adam, Tessa rematará toda a súa lista, encontrando así moitas máis cousas das que esperaba.

Este libro sorprendeume moito, xa que non é o típico drama da rapaza enferma, senón que mestura a súa enfermidade con diferentes historias de amor, e historias paralelas dos seus amigos e familiares. Pareceume un libro moi entretido, xa que é interesante todo o que escribe a protagonista na súa lista. Ademais, cóntase a historia dun xeito sinxelo, facendo así que a lectura sexa moito máis rápida e levadeira. Recomendaríallo a todas aquelas persoas ás que lle gusten os libros de amor cun pouco de drama.



ALUMNO/A: Andrea Méndez Cores CURSO: 3ºB DATA: 09/06/2011





No hay comentarios:

Publicar un comentario