13.6.11

ANDREA MÉNDEZ fala de Blanca como la nieve, roja como la sangre.


Autor: Alessandro D`Avenia
Editorial: Grijalbo
Lugar e ano de publicación: Italia, 2010
Título: Blanca como la nieve, roja como la sangre
nº de edición: 1º

Leo vive en toda a plenitude da adolescencia. Nun universo no que irrompe un novo profesor, soñador, cunhas ideas pouco comúns e descoñecidas para oprotagonista, que pon a proba aos seus alumnos e os obriga a plantexarse preguntas acerca da vida e dos seus propios soños. Preguntas que a Leo lle custa responder, pero que o acercan ao mundo dos adultos, un mundo ata agora tan descoñecido para el. Ademais, Leo ten un inimigo, unha pequena obsesión: a cor branca, a súa metáfora persoal da vida. Porque para el todas as emocións teñer unha cor, e a branca significa ausencia, a nada, a soidade e a pérdida. En cambio, Leo ama a cor vermella, a cor do amor, a cor da paixón, a cor do cabelo de Beatrice. Cando Leo descobre que Beatrice está enferma e que a súa enfermidade está relacionada con ese branco que tanto lle asusta, deberá buscar dentro de sí mesmo, para entender que os soños non teñen fin e que sempre hai que encontrar a valentía para crer en algo máis grande.

Este libro gustoume moito, xa que me resultou moi interesante, pois penso que os autores masculinos non escriben historias amorosas do mesmo xeito que as autoras, e non pensaba que este libro me puidera chegar a gustar tanto. Paréceme moi orixinal a idea de que o protagonista relacione todas as súas emocións con cores, pois creo que todos temos algunha pequena obsesión especial deste tipo. Ademais, é un libro realista, que trata moitos problemas actuais tanto para os adolescentes como para os adultos. Recomendo este libro a todas aquelas persoas ás que lle gusten os libros de amor realistas, nos que haxa un pouco de drama. Este libro fará recapacitar sobre a vida, e darse conta do afortunados que somos.


ALUMNO/A: Andrea Méndez Cores CURSO: 3ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario