6.10.10

TEMPO DE LER



Ao longo da semana próxima, do 11 ao 15 de outubro, baixaredes á biblioteca nas titorías e alí estaremos tamén as encargades da biblioteca para botar unha man. Motivo? Escoller libros, porque iniciamos de novo a actividade TEMPO DE LER que puxemos a proba a última semana de abril do curso pasado. Adicaremos vinte minutos diarios a ler o noso libro. O obxectivo é crear nas aulas ambiente de lectura e que aquelas persoas que non estean habituadas a ler se inicien nesa aventura tan especial.
Ao final do trimestre avaliaremos os resultados da actividade e decidiremos se paga a pena continuar con ela ou non. Esperemos que sexa un rotundo SI.
O calendario de lectura é o mesmo para todos os cursos e é o que segue:




  • Semana do 18 ao 22 de outubro: 1ª hora.



  • Semana do 25 ao 29 de outubro: 2ª hora



  • Semana do 2 ao 5 de novembro: 3ª hora.



  • Semana do 8 ao 12 de novembro: 4ª hora



  • Semana do 15 ao 19 de novembro: 5ª hora



  • Semana do 22 ao 26 de novembro: 6ª hora



  • Semana do 29 ao 3 de decembro: 1ª hora.



  • Semana do 9 e 10 de decembro:2ª hora.



  • Semana do 13 ao 17 de decembro:3ª hora.



  • Semana do 20 ao 22 de decembro: 4ª hora.



A actvidade de TEMPO DE LER será suspendida naqueles grupos nos que non funcione, pero esperemos que isto non ocorra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario