6.10.10

COMEZA A ACTIVIDADE!!!



A biblioteca de Viós xa está en pleno rendemento. Temos preparadas cousas novas e outras de sempre, para este curso que se nos presenta.
O día 28 de setembro fixemos a apertura oficial e para comezar con alegría nada mellor que uns vídeos marchosos que vos proxectamos.
Ese mesmo día moitos de vós xa nos preguntastes polo Club de lectura, e non nos quedou outra que deixar que vos inscribírades xa, aínda que nós tiñamos pensado plantexalo para a primeira quincena de outubro, como aparece nos carteis que vos puxemos nas aulas. XA SE APUNTARON 26 ALUMNOS/AS!!! Sodes incribles!!! Felicidades porque transmitides entusiasmo e iso sempre nos fai moita falta. Así que, estade atentos, porque en breve convocarémosvos, pero antes dádenos tempo para informar aos novos no centro, especialmente os de primeiro, por se algún deles tamén quere participar.
ATA PRONTO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario