16.9.10

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!!


Xa estamos de volta, despois dun longo verán no que nos deu tempo para facer un pouco de todo: ir á praia, ver aos amigos, ir de festa, estudar... e como non: LER.
Para este comezo de curso queremos presentarvos unha nova páxina de cultura galega, toupa.net, no que podemos atopar un pouco de todo: libros en galego, traducións e noutras linguas, música de todos os estilos (hip-hop, pop-rock, popular..), cine, banda deseñada... Un bo xeito de estar informado de todas as novidades.
Esperamos que vos sexa de utilidade.
Bo comezo de curso para todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario