1.7.10

Rematou o curso!!!



Rematou o curso 2009-2010 e dende viblios o balance que facemos é moi positivo: tivemos un curso cunha nova biblioteca moi animada, dous clubs de lectura moi activos e moitas actividades ao longo do curso. Pero o mellor de todo é que conseguimos duplicar o número de préstamos de libros e iso é moi boa noticia. Como premio queremos agasallarvos con este vídeo tan animado para que non esquezades seguir lendo no verán. Repasade es recomendacións que vos fixemos, seguro que atopades algún título que vos gusta.
Feliz verán!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario