2.6.10

Festa no Club de lectura!!!




O Luns xuntáronse os lectores de Pel de lobo, libro que sempre ten éxito. Gustou moito e a reunión resultou moi animada. Todo o mundo quería opinar.
O martes xuntámonos para falar de La lluvia de París. Gustou máis que o primeiro que lemos da Triloxía de Getafe, a historia de Silvia, en París, vivindo o que calquera rapaza de dezasete anos querería vivir e que se torna un pesadelo, fainos pensar na importacia do cotián, as cousas pequenas , os amigos de sempre...
E o mércores FESTA!!! Xuntámonos no recreo para celebrar un curso lector tan activo, cun chocolate con churros que estaba boísimo e mentres tanto charlamos: do que supuso para nós a experiencia do Club, se seguimos o curso que vén (houbo un SIIIII unánime) e das lecturas que podemos recomendar para o verán. Foi unha reunión agradable, que serviu de peche a un curso marcado polo aumento das lecturas.
E aproveitamos para darnos os PARABÉNS: en dous cursos duplicamos os préstamos!!!
Algo se está movendo na biblioteca do IES Viós.

Vémonos o curso que vén!!! Bo verán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario