22.10.11

Clásicos Exprés: O vixía no centeo


Inauguramos hoxe unha nova sección en VIbliOS: Clásicos Exprés. Aquí publicaremos regularmente unha serie de animacións realizadas polo deseñador gráfico Alberto Vega nas que se relata dunha maneira moi orixinal o argumento dalgúns clásicos universais da literatura. E todo isto en só dous minutos... Para empezar, aquí tedes a animación correspondente ao libro O vixía no centeo, de J.D. Salinger, obra xa traballada con anterioridade no Club de Lectura. Lembraste de Holden Caulfield, o protagonista? Inesquecible, xa o sei, pero aínda así olla ben o vídeo que vén a continuación: é unha "pequeniña" obra de arte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario