18.1.11

Rúa Carbón de MARILAR ALEIXANDRE

Paula ten tres avoas, dúas en Donostia e outra en Vigo. A poucos días de cumprir os dezasete anos a súa nai, Maite, coméntalle que o seu verdadeiro pai morreu nun atentado con coche bomba manipulado por el mesmo , xa que ambos os dous pertenceran á organización terrorista ETA . Tras esta noticia, Paula marcha de vacacións a Donostia onde coñece a moita xente e intenta desfacer unha pegada sobre seu pai.
O libro gustoume moitísimo , xa que a autora nos intenta desvelar un suceso engaiolante dende o principio ao final, sobre a morte do pai da protagonista.Vai moi ligado coa actualidade , xa que a banda terrorista ETA está presente por desgraza na sociedade española, sobre todo en Euskadi onde deixa fonda pegada nestes últimos anos. É moi atractivo pola forma en que se contan os sucesos e xunto coa boa redacción desta boísima autora, fai que sexa todo máis apaixoado á hora de lelo. Outra vez máis vólveme a encantar outra novela desta autora.

JOSÉ CORRAL 3ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario