18.1.11

Rebeldes de SUSAN E.HITON

Ponyboy volve do cine cando un grupo de socs o asaltan. Consegue escapar grazas a que seu irmán, Darry, aparece e os fai escapar. Ao día seguinte, volve a un autocine con alguns dos seus amigos. Alí encóntrase con dúas mozas socs, e sentan ao seu lado; Pony e Johnny cáenlles ben. De pronto aparece Two-bit. Cando acaba a película, as mozas non teñen con quen volver á casa, xa que os seus noivos están borrachos, e os mozos ofrécense a levalas. Johnny e Pony conectan moi ben coas rapazas, e descobren que os mozos ricos tamén teñen problemas e soños.


Pony volve á casa, seu irmán pégalle, polo que escapa con Johnny a un parque. No parque, asáltanos os noivos das mozas e eles deféndense, matando Johnny a un cunha navalla. Asustados, marchan para unha igrexa abandonada. Unha vez na igrexa, cambian de aspecto para que a policía non os encontre. Á volta dunha das súas saídas, a igrexa estaba ardendo porque Pony deixara un cigarro mal apagado, con tan mala sorte que había toda unha excursión de nenos dentro. Sen pensalo dúas veces, entran rescatalos, polo que saen feridos de gravidade, e a prensa trátaos de heroes. Para aquel entón xa había organizada unha gran pelexa entre socs e greasers. Chegou a pelexa e gañaron os greasers. Despois da pelexa foron ao hospital ver a Johnny, xa que o seu estado era moi grave. Entraron na habitación e Johnny morreu. Cando Dally se enterou, provocu á policía para que estes o mataran nun tiroteo. Tras isto, Pony enfermou, pasou unha semana na cama. Non foi capaz de superar a morte de Johnny. O seu profesor á vista disto, mándalle facer unha redación sobre o ocorrido, que é este libro.
A min persoalmente gustoume moito o libro. Ao terminar de lelo pensei nas ganas que tiña de coñecer ao protagonista…é dicir… imaxínome coñecer ao verdadeiro Ponyboy…sería xenial o poder falar con el dos seus problemas, da súa forma de vida, seus amigos, dos seus irmáns, dos seus sentimientos, de todo en xeral. Alégrome de ter escollido este libro e de ter “coñecido” ao pequeno Ponyboy. ALUMNO.


ISAAC ARAÚJO DANS 3ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario