19.1.11

Raquel de ISABEL CLARA-SIMÓ

Raquel é unha rapaza que estuda COU, e decidiu que este ano ía escribir un diario. Ó pouco de comenzar o curso, á súa mellor amiga detéctanlle un cancro, pero ela, Montse, aínda ten moitos ánimos para vivir. Oriol, o seu amigo, interésase por ela, e empezan a saíir xuntos; pero un día Montse morre e Raquel pasao moi mal. O irmán pequeno de Raquel vai mal no estudos, aínda que se lle dá moi ben a música clásica e preséntase a un concurso.Trunfou pero ao final descubriron que facia trampas e non cobrou a gran cantidade de cartos do premio.

Un día Raquel ía andando pola rúa e viu ao seu pai con outra muller; días despois créanse moitas discusións na casa e os seus pais deciden separarse. Raquel e o seu irmán, Xosé Lois, teñen que decidir con quen vivir e ela queda coa súa nai, e el co seu pai.

Eu penso que a este libro lle quedaría mellor o título de O diario de Raquel, porque atrae máis. Os momentos que máis me gustaron da obra foron cando Raquel se fixo moza de Oriol, porque se encontraron na rúa e ela soltoulle que lle gustaba e de súpeto el díxolle o mesmo. Pero tamén me gustou moito cando Raquel quedou coa súa nai e a apoiou neses momentos que máis falta lle facía, porque deixou o orgullo a un lado e apoiouna.

A continuación transcribo o fragmento que máis me gustou: "Deime de conta de que aquela muller, que é a miña nai, necesitaba desespe-radamente falar con alguén.Que se non botaba todo fóra tolearía.E púxenmea escoitala con paciencia.Con compaixón.O meu era un papel difícil, porque xa o sabía e non sei disimular.E porque as cousas que me contaba do meu painon son cousas para dicirlle a unha filla.Estaba transida de dor e rabia.Eu e máis ela nunca falaramos, nunca nos comunicaramos.E velaquí que se agarraba a min para podelo soportar.Dábame mágoa e unha pena terrible"

"

NOEMÍ DELGADO 3ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario