20.1.11

O porteiro de hockey de RODRIGO MUÑOZ AVIA

Bernaldo é porteiro de hockey nun equipo do instituto. El é moi bo e no torneo metéronlle moi poucos goles. Carlos, o seu pai, é o seu máximo admirador e presume moito do seu fillo. Un día que ten que ir xogar, Bernaldo ponse enfermo, pero non é un partido calquera, é a final do torneo. Lévano ao médico e pregúntanlle se pode xogar e este di que non. Despois, cando van comprar as menciñas, Bernaldo desaparece do coche. Carlos pensa que foi ao partido e vai ata o instituto. Cando chega alí ve que non está e volve para a casa. Alí encontra a Bernaldo rodeado dos seus compañeiros que lle van comunicar que gañaron o torneo.


A min o libro gustoume moito, pois é moi entretido. Ademais trata dun deporte de menos sona que o fútbol ou o tenis, no noso país. O único problema que ten o libro é que é demasiado curto.

DAVID VIEIRO VILARIÑO 2ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario