18.11.10

Viós-bardos 3 e Enderezo descoñecido



Hoxe, xoves 18 de novembro, xuntámonos na biblioteca os lectores de Enderezo descoñecido. De novo estaban todos e todos manifestaron que queren seguir no Club de lectura, así que mañá quedaremos de novo para distribuír as seguintes lecturas, pero esta vez dividiremos o grupo, pois 22 alumnos son moitos para que todos poidan participar e manifestar a súa opinión.

Con respecto á lectura de hoxe temos que recoñecer que quizais non foi unha boa elección, pois excepto a Patricia e Lara aos demais non lles gustou (Eva incluso dixo que fora o libro que menos lle gustara dos que levaba lido). A conclusión foi que non chegastes a comprender a historia pois faltábanvos claves para captar o fundamental : a vinganza tan terrible e sinxela que Hans, o personaxe xudeo, chega a urdir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario