16.11.10

Os Viós-bardos e Pel de lobo


Hoxe, martes 16 de novembro xuntámonos cos Viós-bardos de 1º curso para falar do libro deste mes, Pel de Lobo, un clásico neste centro e que segue levantando paixóns.

En primeiro lugar temos que felicitar aos nosos Viós-bardos, porque de novo alí estaban todos e todos manifestaron a súa vontade de continuar no Club. Temos que mencionar de xeito especial a Fernando, de 1ºB, fervente lector deste libro e que nos ensinou moitas cousas que el aprende da súa lectura (é a terceira vez que o le, porque, di, lle gusta moito). Tamén os demais estiveron moi acertados. E unha mención especial para Daniel Camba, tamén de 1ºB, ao que encantou o libro porque " é o primeiro que son capaz de ler enteiro". Seguro que detrás destes veñen todos os demais, Daniel, todo é empezar.


Mañá, mércores, quedamos de novo para entregar a segunda tanda de libros, pero esta vez temos que dividirnos porque as reunións de tanta xente non resultan tan produtivas.


Noraboa Viós-bardos, non deixades de sorprendernos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario