21.12.10

LECTURAS DOS VIÓS-BARDOS




Esta semana tivemos as últimas reunións do ano 2010 os viós-bardos 3, é dicir, os lectores de 3º e 4º. Charlamos sobre dous libros: La perla e Rebelión en la granja. Ningún deles levantou grandes entusiasmos, especialmente La perla, quizais porque a historia que conta lles resulta moi lonxana e lles custa identificarse con ela. Aínda así creo que sacamos moitas cousas en limpo desa reunión; falamos de sentimentos universais presentes na novela: a cobiza, a envexa, o medo, a sumisión de Juana, o significado da canción da familia e da canción do mal. Estamos seguras que, quizais dentro duns anos, retomarán este libro e disfrutarán coa marabillosa literatura que nos ofrece Steinbeck.
Deu para máis o outro libro: Rebelión en la granja. É un libro que, como Ana nos ensinou, vén moi ben para aprender historia, pois podemos establecer un correlato entre os personaxes animais e dirixentes políticos da primeira metade do século XX. Quedou claro que o poder corrompe e que a manipulación da información é imprescindible para poder manter un estado totalitario. Foi unha reunión moi amena grazas ás explicacións de Ana e ás acertadas intervencións dos rapaces.
E queda xa marcado o calendario de xuntanzas do ano que vén. É o que segue:



  • Matilda, de Roal Dahll para os Viós-bardos 1: 13 de xaneiro.

  • Kafka y la muñeca viajera, de Jordi Sierra i Fabra, tamén para o outro grupo de 1º:14 de xaneiro.

  • Irmán do vento de M. Lourenzo González, para os lectores de 2º curso: 18 de xaneiro.

  • La perla de Steinbeck, para o outro grupo de Viós-bardos 3: 19 de xaneiro.

  • Rebelión en la granja para o grupo de 3º que aínda non leu o libro: 20 de xaneiro.

Espéranos un inicio de ano moi atarefado!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario