14.1.11

Diario secreto de Adrián Molle de SUE TOWNSEND

Adrian Mole, un neno inglés de 13 anos, sempre estaba a escoitar ós seus pais berrar e estaba farto. Por iso decidiu escribir un diario para desafogarse. Nel, contaba o desprezo que sentía cando os seus pais se separaron e pelexaban por que ningún dos dous quería quedar coa súa custodia. Tamén conta outras cousas de menor importancia, como os grans que lle ían saíndo no barbarote. A súa nai marchou do fogar e foise co seu mozo Lucas, así que Adrian, quedou ó cargo do seu pai. Este, entrou nos mundos da bebida, e este feito fixo que Adrian tivera que facerse cargo das tarefas da casa. Por outra parte estaba namorado dunha nena nova chamada Pandora. Adrian descríbea coma unha nena moi lista, morena, alta e con moitos coñecementos políticos. Pandora, primeiro fíxase no mellor amigo de Adrian, Nigel. Nigel, é un neno de pais con moitos cartos que ten todo canto quere. Adrian, anóxase con Nigel, xa que sabía que estaba namorado de Pandora e aínda así quiso saír con ela. Pero logo, esta deíxao. E como Adrian, protesta por ter que levar os calcetíns negros, e non como quere cada un, Pandora apoiouno, xa que di que é un feito de escravitude, e enseguida se namorou del. Adrian encontrábase ledo por ter a Pandora como noiva, e máis volveu a ser amigo de Nigel. Pero a súa ledicia non durou moito. O seu pai quedou no paro e ademais o matón do curso, Barry Kent, obrigouno a pagarlle tódolos días dúas libras. Adrian, tras a ameaza, cóntallo ó seu pai, pero este pasa, así que decide ir á casa da súa avoa. Ela, dille que non se preocupe que ese rapaz non o volve a ameazar nunca máis. Ó día seguinte contábase no colexio que unha vella fora á casa de Barry e fíxoo chorar. Kent, nunca máis voltaría asustar a xente. Ese mesmo día, no colexio, déronlle un traballo ó protagonista: ter que coidar un velliño. Este chamábase Bert Baxter. Se chamaba ó colexio queixándose, suspendía o traballo. Cando foi velo por primeira vez, pareceulle malo e un aproveitado, xa que o mandaba limpar a casa tódolos días. Logo, empezaron a crear unha amizade inseparable. Adrian, ía tódolos días con Pandora á casa de Bert, falar, e a axudarlle a facer certas cousas de casa. De súpeto, a nai de Adrian, voltou para a casa, xa que dicía que o seu mozo, non a trataba ben. Adrian sentíase moi ben, pero a Bert, dáballe pena, xa que a familia mandárao para un asilo. Adrian, foi facerlle unha visita, e Bert… ¡Tiña moza! Pareceulle un pouco raro, que un velliño encontrara o amor ós 89 anos. Ela chámabase Queenie, e xa tiñan fixado día para a voda.

Finalmente, o pai de Adrian, consegue un traballo como ‘’director’’ de limpeza na ribeira da canle. Adrian Mole séntese moi feliz coa súa vida actual.

O libro gustoume moito, xa que en moitas partes del síntome identificada. O que máis me gustou do libro é o xeito no que está redactado, xa que xunta o humor con problemas de todo tipo. O que menos me gustou, foi que certos temas ocorreron moi rápido, como por exemplo empezar a saír con Pandora. Namorouse dela, e á semana xa eran mozos, eu prefería que se alongara un pouco máis. Aínda que iso non me gustara, recoméndolle este libro a todo o mundo.


CRISTINA BARREIRO GONZÁLEZ 2ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario