14.10.10

1ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA


Este venres 15 remata o prazo para apuntarse ao club de lectura e xa estamos un pouco asustados porque o éxito da convocatoria superou todas as previsións. HAI 45 PERSOAS INSCRITAS!!!! Somos moitísimos, e iso é moi bo, pero tamén vai esixir de todos nós unha maior seriedade e responsabilidade á hora de asistir ás reunións, ler os libros, participar... e ás coordenadoras un maior esforzo na organización.
Para comezar hai que dividirse e organizarse en tres grupos diferentes. En principio a división fixémola por cursos, un criterio coma calquera outro, pero ao longo do curso podemos ir flexibilizando os grupos, xa veremos.
E comezamos. Así que atentos todos ás seguintes convocatorias, no recreo e na biblioteca, nas que vos entregaremos xa as primeiras lecturas e organizaremos o traspaso de libros e as datas de reunión para charlar sobre as lecturas:
  • LUNS 18: Alumnos/as de 1º curso (excepto os veteranos do curso padaso, Lidia e Fernando, que pasan ao grupo 2).
  • MARTES 19: Alumnos /as de 2º curso.
  • Mércores 20: Alumnos/as de 3º e 4º.
Ah! Temos que buscar un nome para o noso club, en VibliOS xa pensamos nun, pero esperamos as vosas suxestións. Vémonos a semana que vén e NORABOA aos lectores e lectoras do IES VIÓS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario