Trata sobre un pai e un fillo que se manteñen grazas aos cartos que sacan da caza de lobos. Un día chega a súa casa Oreste Mor, un habitante do Incio, donde din que hai un lobo grandísimo e moi feroz. Pero detrás disto hai un misterio: uns afirman que é totalmente negro e outros que é totalmente branco. Fulxencio (o pai) e Xosé ( o fillo) aceptan ir. Alí coñecen a Ana e Aurora, dúas irmás que se fan amigas de Xosé. Cando intentan cazalo, eles sos non o conseguen, polo que deciden pedir axuda a todos os veciños e habitantes dos pobos cercanos. Cazan a moitos lobos pero non ao que buscaban. Cando volvían para a casa atacáronos dous lobos, un negro e o outro branco e o cabalo de Xosé fuxíu. Este meteuse nun sequeiro para agacharse dos lobos pero non o consegue pois cando chega o seu can chama polos lobos. Van moitos, pero un especial, grandísimo e branco e Xosé agochase nun buraco e den de alí viu como o lobo se convertía en Aurora. Do lobo só quedou un pelello que Xosé queimou, e así lle quitou a maldición a Aurora. E despois na casa fixo o mesmo cun pelello que tiña Ana quen era o lobo negro. Ao final descubrimos que Xosé lle está contando a historia aos seus netos e que Aurora é a súa muller.
A min o libro gustoume pois ten intriga dende o principio ata o final e fai que queiras seguilo lendo. Ademais, no texto hai un ser mitolóxico galego. Se che gustan as aventuras e a intriga, este libro vaiche gustar moito.
David Vieiro 2ºB
Fulxencio Novoa e o seu fillo Xosé eran unha familia humilde con soa de bos tiradores. Un día fóronos buscar para que foran matar dous lobos que se cobraran a vida de animais e dalgunha persoa (nun pobo chamado Incio). Ao final resultou que os lobos eran dúas irmás que tiñan unha maldición e que por culpa dela se convertíanse en lobos e incoscientemente mataban aos animais.
Trátase dun libro moi interesante cunha trama moi completa, na que non falta nin acción, nin intriga. E cando o rematas de ler estás desexando ler outro libro coa mesma trama.Carlos Brandariz 3ºB
No hay comentarios:
Publicar un comentario