11.1.11

Cartas de inverno de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Logo dunha tempada en Quebec, o escritor Xabier Louzao decide volver a súa casa en Galicia e encóntrase con que o seu amigo Adrián lle estivera enviando cartas mentres el non estaba. El comeza a lelas e nelas cóntase que a casa que Adrián compra en Galicia resulta estar enmeigada. As cartas contan os estraños fenómenos paranormais que pasan na casa. Xabier acaba por ir na axuda de Adrián á casa enmeigada xa que, na última carta, suxire que está en perigo.
É un libro que ten moito misterio e no que non se sabe que pasará ata o final. É unha historia moi enrevesada, pero que vale a pena ler .


Álvaro Castrillón 2º B

1 comentario:

  1. vale a pena ler, eu estouno acaando e empecei a lelo onte!! inda asi e un libro moi interesante...

    ResponderEliminar