Como peche ás actividades entorno ao amor realizadas ao longo desta semana, hoxe proxectamos na biblioteca os dous vídeos anteriores, realizados por Andrea e Andrés e por José Corral e Ángel Vicos, todos eles de 3ºB. Os vídeos están feitos a partir dos textos de Martín Códax, Ondas do mar de Vigo e Mia irmana fremosa, dúas mostras preciosas da nosa lírica medieval e de toda a historia da literatura amorosa.
Noraboa aos nosos alumnos polo seu traballo. Desfrutade con el.
No hay comentarios:
Publicar un comentario