19.2.11

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA


A UNESCO vén promovendo, desde o ano 2000, a celebración deste día cada 21 de febreiro, e nós tamén, desde a Biblioteca, quixemos sumarnos. Desta volta convidamos ao alumnado a ver un vídeo que editou este ano a UNESCO e que nos axuda a reflexionar sobre a importancia da diversidade lingüística. Preme na imaxe se queres visionalo.


A UNESCO encargou ao longo dos anos 2002 e 2003 un traballo a un grupo de lingüistas internacionais coa finalidade de establecer un marco que determinase cando unha lingua corre o perigo de desaparecer e tomar, así, as medidas adecuadas para evitalo.O traballo resultante establece os nove seguintes criterios:


  1. A transmisión do idioma dunha xeración a outra.

  2. O número absoluto de falantes.

  3. A proporción dos falantes con respecto á poboación total.

  4. Os cambios nos ámbitos de utilización do idioma.

  5. A capacidade de reacción ante os novos ámbitos de actividade e os medios de comunicación.

  6. A disponibilidade do material destinado á alfabetización no idioma e o seu ensino.

  7. A actitude ante o idioma e a política lingüística das autoridades gubernamentais e as institucións.

  8. A actitude dos membros da comunidad de falantes cara o seu propio idioma.

  9. A cantidade e calidade de documentos no idioma
Non hai moito que dicir. Dá para pensar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario