Mañá cúmprense 125 anos do nacemento de Rosalía de Castro, a poetisa máis importante das nosas letras, por moitas razóns:
Foi ela a que iniciou o Rexurdimento, coa publicación do seu libro Cantares gallegos, o 17 de maio de 1863, primeira publicación íntegra na nosa lingua, incluído o prólogo en prosa.
Pola súa valentía, ao introducirse nun mundo, o da literatura, considerado daquela exclusivamente masculino e facelo ademais nunha lingua apartada do ámbito cultural e menosprezada.
Pola súa sensibilidade, identificándose, como non soubo facer ninguén máis co sufrimento do seu pobo, especialmente das mulleres.
Por todo iso, dende VIbliOS queremos renderlle homenaxe e nada mellor que poñer á disposición de todo o mundo os seus textos, onde? onde vai ser.... nese lugar ao que todos acabamos indo ao longo da mañá e no que pasamos o tempo LENDO, claro! nos servizos!
E por último deixámosvos unha versión musicada do seu poema Negra sombra, interpretado por Luz Casal, tamén, coma ela, unha muller moi valente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario