7.2.11

Kafka e a boneca viaxeira.

Este libro vai dun home que todos os días paseaba polo parque Steglitz. Unha tarde encóntrase unha nena que choraba sen parar e como era un home bo e non podía deixala alí, decidiu preguntarlle que lle pasaba. A súa boneca perdérase e era moi valiosa para ela. Ó home deulle moita pena e ocorréuselle facer que a súa boneca non se perdera, senón que fora visitar o mundo, e que de cada lugar que visitaba lle mandaría unha carta que, en realidade, sería escrita por Kafka, o home. Así era todos os días ata que a boneca “casou” e xa non lle mandou máis cartas. Finalmente, Franz Kafka morre a causa da tuberculose.

Este libro demostra que os ser humano ten unha imaxinación xigante e que, moitas veces, podes con ela facer feliz a moita xente e que pode ser moi divertido somerxerte nun mundo imaxinario.

Laura Tudó Souza. 1ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario